O músico Pablo Díaz, que ameniza cos seus instrumentos as sesións de contacontos de KALANDRAKA, piublicou o disco Tic-Tac, coa colaboración do ilustrador Marc Taeger. Ahí tendes un fragmento dunha entrevista para a campaña de animación lingüística PALABRAS NO AR, e un frangento da presentación do disco nuns grandes almacéns.
«Tic-Tac é un traballo musical no que, dunha maneira lúdica, se fai un percorrido por distintos ritmos nos que abarcamos a universalidade da música. Aparecen melodías e instrumentos moi variados para enriquecer esa música. O tratamento musical tamén varía de tema a tema. As cancións abordan cada unha un ritmo musical distinto ou unha temática diferente. E con varios instrumentos: da música clásica, do jazz, do folk e mesmo da música tradicional. Todo esto, cantado en galego, para que teñamos unha maneira divertida de poder gozar con toda esta música.»…







